Wednesday 08 de May de 2024

O Aquarium Finisterrae dedica o tanque cilíndrico a fauna das profundidades


Peixes sapos, raias santiaguesas, peixes trompeteiros, bois de altura, cangrexos araña, cigalas, corais amarelas e ourizos de profundidade formarán parte deste espazo

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que a sala Maremagnum del Aquarium Finisterrae renova un dos seus acuarios máis singulares, o tanque cilíndrico de gran volume (10.000 litros), que presenta agora unha colección de animais de profundidade.
Peixes sapos (Lophius piscatorius), raias santiaguesas (Rachanaevus), peixes trompeteiros (Macroranphosus scolopax), bois de altura (Cancer bellianus), cangrexos araña (Paromola cuvieri), cigalas (Nephrops norvegicus), corais amarelas (Dendrophylliacornígera) e ourizos de profundidade (Echinus acutus) forman parte da colección de especies que viven neste tanque.
Para reproducir as condicións ambientais dos seus hábitats naturais, realizáronse traballos de adaptación da temperatura, luminosidade e outros parámetros da auga deste acuario. Así, a iluminación deste tanque é dunha tonalidade azulada, a correspondente ás lonxitudes de onda da luz que penetra ata os 200 metros de profundidade. E a temperatura da auga é duns 12ºC, recreando a existente a uns 400 metros de profundidade.
Para a montaxe desta exposición contouse coa colaboración do doutor Francisco Sánchez, investigador do Centro Costeiro deSantander do Instituto Español de Oceanografía.

O Aquarium Finisterrae, ao igual que a Casa das Ciencias e a Domus, está ata o domingo 16 de novembro celebrando xornadas de portas abertas con motivo da Semana da Ciencia.